Xeito

Xeito

Pouco despois de ver a luz na Coruña o primeiro proxecto persoal do cociñeiro galego Iván Domínguez, este decide ir un paso máis alá e abrir un segundo local na céntrica rúa madrileña de Prim.

O local herda do seu irmán as proporcións alongadas e o tratamento da cociña, ao situarse na entrada do local como xesto de benvida e honestidade. O acceso ao comedor ten lugar polo centro da cociña, da que nace unha única mesa central que ordena toda a sala baixo unha marcada simetría. O espazo, noutrora carboeira, conserva o carácter sobrio e humilde, tanto pola escala como polos materiais. Un lugar espido, toda unha declaración de intencións da cociña de Iván.

Deseño para Iván Domínguez
Fotografías de Nado

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.