Tramex
Tramex é unha tipografía display dun só peso deseñada para aplicacións en títulos, tanto en soportes impresos como dixitais ou de sinalética. Os seus caracteres están compostos pola suma de dous tipos de pezas sobre unha cuadrícula regular. A repetición destas pezas apórtalle á tipografía unha apariencia característica e singular de incisións e bordes dentados, sobre todo nas diagonais.
A súa definición angulosa e xeométrica confírelle á tipografía unha apariencia urbana e industrial, apta para o seu emprego en aplicacións temporais con moita presencia.