Silvereira

Stand Silvereira

Coa motivación de mellorar a comunicación e visibilizar un notable crecemento da marca, Silvereira decide explorar novas vías de posta en escena en feiras sectoriais. O resultado é un sistema expositivo modular que permite diversas composicións tanto en altura como en planta para unha correcta adaptación ás dimensións e proporcións do stand.

Para a exposición emprégase unha lycra tensada, creando unha topografía orgánica que interacciona coas pezas e ofrece diferentes posibilidades expositivas. O conxunto recóllese e transpórtase en dous baúis que a maiores resolven a función de almacenaxe e asento, xenerando un pequeno espazo de atención ao cliente personalizada.

Fotografías de Javier Iglesias

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.