Silvereira

Silvereira

O obradoiro de artesanía Silvereira, en beneficio de mellorar a súa imaxe de marca, decide facer unha revisión do seu sistema de embalaxe. Ademais dunha mellora nos eidos funcional e visual, tamén se define como obxectivo exercer un compromiso co coidado do medio ambiente.

A solución empregada conséguese a partir dunha única lámina de cartolina troquelada que se prega sobre si mesma, obtendo unha embalaxe ríxida e apilable. Tanto o peche como a unión lateral para conformar o volume prodúcense aproveitando as cualidades elásticas do propio material, sen necesidade de empregar outros materiais auxiliares.

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.