Selic
A Praza da Quintana acolle cada ano a Semana do Libro de Compostela, unha iniciativa municipal en colaboración con asociacións e institucións. A oferta da instalación temporal componse dun conxunto de expositores relativos a editoras, librarías, institucións, e un diverso grupo de obradoiros e actividades culturais.
A distribución perimetral dos postos define unha praza central na que ao longo do día teñen lugar tódalas actividades que completan a programación. A fabricación do equipamento e ambientación do espazo inclúen materiais cotiáns de baixo custo para enfatizar a idea de sacar a cultura á rúa e contribuír á súa democratización.
—
Deseño para Concello de Compostela
Fotografías de Roi Alonso