San Martiño
A festividade do San Martiño, celebrada o 11 de novembro, ten un especial significado na cultura popular por simbolizar o inicio da época de frío na que tradicionalmente tiña lugar a matanza do porco. Unha costume que malia a perder presenza por diversos motivos, segue a supoñer unha data de referencia no imaxinario popular.