Pino de Galicia e Fundación Arume

Pinus pinaster é o nome científico do piñeiro galego, tamén coñecido como piñeiro bravo ou piñeiro do país, unha especie que leva no territorio galego máis de 4000 anos e que dá nome ó himno galego: Os Pinos, de Eduardo Pondal.

Pino de Galicia é unha marca de garantía que xorde co obxectivo de crear valor ambiental, social e económico no rural mediante a innovación e preservación do piñeiro galego. A Fundación Arume, xunto con XERA (Axencia Galega da industria forestal), son as impulsoras da marca.

Tomando como referencia as follas dos piñeiros -as agullas- e as flores -as piñas-, deseñamos as marcas gráficas de Pino de Galicia e da Fundación Arume.

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.