Parga
A pedra e a luz, dous elementos antagónicos que Parga busca unir na procura dunha imaxe case de ficción. A enerxía contida no interior dun mineral busca liberarse e saír ao exterior en forma dun intenso raio de luz directa.
Parga é unha colección que recupera a aplicación do granito para obxectos funcionais e decorativos en espazos interiores, aproveitando a neutralidade cromática e a súa textura natural. Un conxunto formado por tres pezas de diferentes diámetros e alturas, que empregan unha linguaxe formal que remite á talla lítica máis primixenia e rudimentaria.
O material empregado provén do aproveitamento de descartes das canteiras de granito de Parga-Guitiriz (Lugo). Un material compacto, de tono grisáceo claro uniforme, con pintas negras e granulometría fina.
—
Fotografías de Studio Aranda Santos e A Emotional Light
Deseño para A Emotional Light
Honoree Interior Design Best of Year Awards 2023
Delta Bronce 2024
Selección BID 2024