Olas
Os trofeos para o I Certame de Materiais Innovadores de Galicia foron concibidos para unir nun mesmo obxecto dous dos fitos máis importantes na evolución dos materiais e, por ende, na evolución humana: por unha banda, a cerámica, a través dunha das formas máis significativas como é a cultura prehistórica do vaso campaniforme; e, por outra, as novas técnicas de fabricación da era dixital baseadas na síntese de polímeros.
Na actualidade estamos inmersos nun entorno caracterizado pola democratización de certos sistemas de produción, posibilitado pola accesibilidade a novos materiais e tecnoloxías de fabricación. Este feito conecta a era dixital actual coa época preindustrial na que cada persoa deseñaba e producía a medida os útiles e ornamentos persoais.
—
Deseño para GAIN