Oio

Oio

A definición conceptual dun tallo podería ser algo así como: mínima expresión formal e construtiva que dea resposta á necesidade máis básica de asento. Unha definición así de sinxela serviunos de guía durante o proceso de deseño. A maiores engadimos as condicións de lixeireza, apilabilidade e tamén a posibilidade dalgún nivel de personalización para establecer un vínculo co usuario.

O resultado deste proceso foi unha estrutura de dous pórticos trapezoidais de madeira que, por medio dun traveseiro central, quedan unidos e atirantados. Esta configuración apórtanos apilabilidade e a posibilidade de aplicar tratamentos diferenciais sobre o tirante en beneficio de certa exclusividade.

Deseño para Arial
Fotografías de Roi Alonso, Javi Brandido

Tenda 100L

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.