Nado
O nome representa toda unha declaración de intencións, poñendo de manifesto o desexo de ofrecer un concepto gastronómico e espacial, sinxelo e honesto… do mesmo xeito que chegamos a este mundo.
Situado no Caleixón da Estacada, a escasos metros do antigo porto, o local posúe un estreito vínculo histórico co mar e coa actividade pesqueira. En tempos anteriores ao recheo do peirao, a auga chegaba até esta liña de edificacións, polo que resulta doado pensar que noutrora fosen vivendas de mariñeiros.
O local, de proporcións alongadas, está dividido en dúas partes moi claras. A recepción e acceso ao comedor faise pola cociña, onde o persoal da mesma danos a benvida. As liñas de traballo están totalmente abertas, nas que tódalas accións vanse sucedendo con total transparencia e naturalidade.
O comedor está composto por dúas grandes mesas alongadas de madeira que dan continuidade ás liñas de cociña. O concepto de mesa corrida compartida contraponse ca fragmentación da superficie, podendo dimensionarse á medida de cada grupo.
—
Deseño para Iván Domínguez
Fotografías de Mis Lutier