Música n'aldea
O festival Música n'aldea é unha iniciativa itinerante que pretende achegar a música en directo aos núcleos rurais a través de pequenos concertos en espazos con encanto. Ademais da vertente cultural, a proposta pretende servir como estímulo para a dinamización do tecido veciñal dos lugares e a posta en valor do territorio.
Os contidos e servizos auxiliares que comprende o festival están fragmentados e distribuídos en diferentes puntos, atendendo as particularidades da aldea que cada ano acolle o festival. Algo que de entrada pode verse como un inconvinte convértese na perfecta xustificación para amosar os camiños e lugares con interese do núcleo.
Para que todo isto suceda con naturalidade deseñamos un sistema de sinalización que localiza os puntos de interese a través dunha nomenclatura e unha familia de pictogramas. O sistema ten un carácter modular para que cada ano se adapte ás particularidades do lugar e incluso poida medrar se é necesario. Dende o punto de vista material segue os principios construtivos característicos do rural da inmediatez e a reutilización dos obxectos dispoñibles no entorno inmediato.