Momentos Candelas
O café é moito máis que un produto: é un ritual. O momento do café converteuse nos últimos tempos nun instante con carácter propio ligado a un espazo no que desfrutar da esencia dunha bebida que expresa a súa intensidade en tódolos sentidos. O obxectivo principal é ofrecer un punto de consumo de produto on the go para cubrir unha necesidade crecente no mercado e ofrecer máis valor aos clientes.
Os espazos Candelas dispoñen dun sinxelo mobiliario auxiliar que permite compartir con outras persoas o momento café e convertelo nunha experiencia relacional. Un xesto espontáneo dirixido a potenciar de xeito informal a relación que se propicia arredor dese instante. As pezas están producidas a partir da reciclaxe de sacos de café con algún elemento auxiliar como a bandexa de apoio ou os cintos de coiro, que aseguran a integridade estrutural e favorecen a súa mobilidade.
—
Deseño para Cafés Candelas