Minia
Cando pensamos nunha cadeira de madeira maciza con repousabrazos, as referencias que de entrada nos veñen a todos á cabeza son pezas de certa robustez e de aparencia recia e pesada. A partir desta imaxe mental establecemos como principal obxectivo alixeirar a estrutura sen comprometer a súa integridade estrutural, prestando especial atención aos sempre delicados puntos de unión.
A cadeira está producida a partir de pezas planas de espesor constante que se van orientando en cada punto na dirección dos esforzos. Esta fórmula permite conxugar as mellores condicións de resistencia e a lixeireza derivada da redución do material. Neste sentido, a madeira de cedro pola súa estabilidade e baixa densidade contribúe a acentuar estas cualidades.
—
Deseño para a exposición “Da árbore á cadeira”
Fotografías de Roi Alonso