Memoria viva de Noia
No transcurso da actividade dunha Oficina de Rehabilitación como é a do Casco histórico de Noia, son moitos os documentos que adormecen nos arquivos e nunca chegan a publicarse. Coa intención de facer chegar esta información á xente da vila e ós seus visitantes, a Concellaría de Patrimonio e Casco histórico decide publicar unha colección de cadernos monográficos de peto, referidos tanto a bens patrimoniais materiais como inmateriais. Os cadernos, de estilo sobrio e contemporáneo, conteñen cadansúa ilustración na cuberta, realizada partindo de elementos tipográficos.
—
Deseño para a Oficina de Rehabilitación do Casco Histórico de Noia