Lusi
A alteración dos hábitos de vida require dunha resposta dende o deseño de espazos e de equipamento, esixindo entornos flexibles e capaces de adaptarse a diferentes circunstancias. A tradicional diferenciación entre mobiliario doméstico e de oficina comeza a non estar tan clara, xurdindo pezas capaces de convivir en diferentes ambientes.
Nace coa intención de unir a calidez e proximidade do mobiliario doméstico e a limpeza e pragmatismo das solucións de oficina. Constrúese a partir dunha sinxela estrutura de madeira maciza de cedro ou freixo sobre a que se apoia un taboleiro contrachapado. A estrutura emprega unha linguaxe de culto ao material e ao oficio, mentres que a superficie faino nun tono máis sobrio e contido, vinculado á funcionalidade e a durabilidade.
—
Deseño para Alfonso Salgado
Fotografías de Roi Alonso, Javier Brandido
iF Award '23 | Delta Bronce '22 | Premio Paraugas '16