Loxe mareiro
Despois dun período inicial estreitamente ligado ao mercado de abastos de Compostela, Abastos 2.0 comezar a expansión do seu ideario cun local situado na pequena vila mariñeira de Carril, en Vilagarcía de Arousa. Unha humilde edificación a carón da praia que conta ao longo da súa historia con usos tan dispares como o de control de tráfico marítimo, carpintaría de ribeira ou de nave de almacenaxe de efectos navais.
A intervención ten como obxectivo reinterpretar o tradicional chiringuito de praia, xogando con conceptos como o carácter temporal das solucións, a improvisación, a polivalencia ou o emprego de materiais reutilizados e de baixo custo. As pezas de mobiliario tanto dos espazos interiores coma da terraza están concibidas para un uso compartido, algo que vén dado pola necesidade de aproveitamento do escaso espazo, unha maior rapidez na instalación e a redución do espazo ocupado de almacenaxe.
—
Deseño para Iago Pazos
Fotografías de Javier Iglesias