Lesma

Lesma

Rosa Méndez é unha artesá que no seu traballo emprega os materiais cun total desprexuízo sobre a súa procedencia ou significado, coa única vontade de aproveitar as mellores cualidades de cada un. Tomando esta actitude como referencia, propuxemos un sistema de embalaxe baseado na reutilización de cámaras de aire das rodas usadas.

A selección do material obedece á necesidade de envolver e protexer as pezas fronte a posibles golpes e rozaduras, unhas cualidades que atopamos no caucho pola súa condición elástica. A diversidade de diámetros da cavidade interior das cámaras, así como a posibilidade de elixir o longo do segmento, ofrécennos unha grande flexibilidade. O peche dos extremos do segmento faise mediante unha sinxela peza de cartón troquelada que se axusta no interior pola propia elasticidade do material.

Deseño para Rosa Méndez

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.