Ipsum
Ipsum é unha oficina técnica adicada á redacción e dirección de proxectos de enxeñaría civil tales como infraestruturas hidráulicas de transporte ou medioambientais. Unha gran parte da súa actividade céntrase no deseño e o cálculo de estruturas de formigón forxadas in situ ou prefabricadas.
O sistema gráfico que estrutura e ordena a identidade ten a súa orixe en determinadas razóns xeométricas que lle aportan modularidade, orde e precisión ás composicións resultantes. Esta linguaxe formal crea unha pauta gráfica aplicable en tódolos elementos corporativos, desde a tipografía, a ilustración, ou a maquetación de documentos técnicos. A apariencia racionalista das formas vese acentuada por unha paleta de cores neutras cas que se busca a maior lexibilidade e claridade na representación e reprodución de documentación técnica.