Fontao
Mónica Fontao é unha profesional do ámbito da logopedia e a educación infantil, fundadora do centro integral de apoio ao desenvolvemento temperán que leva o seu apelido. O despacho agrupa diferentes perfís profesionais para dar resposta de forma integral a calquera alteración da conduta ou da capacidade de aprendizaxe en idade infantil.
A identidade gráfica xoga coas figuras xeométricas máis básicas: círculo, triángulo e cadrado, como referencia aos primeiros exercicios de interacción e aprendizaxe das formas. Esta base xeométrica está presente en todo o sistema gráfico aportando orde e identidade, dende a configuración da marca até a composición de tramas ou a sinalética das instalacións do centro.