El trayecto de un anhelo
Relatar dunha forma sinxela e próxima todo o proceso, dende os primeiros trámites até a ocupación das vivendas. Ese é o obxectivo deste libro sobre o edificio de vivendas Galeras-Entrerríos, situado no solar do antigo Hospital Xeral de Galicia, no mesmo límite da cidade histórica de Compostela.
Unha historia que vai xurdindo de numerosas conversas mantidas cos diferentes actores que participaron de forma algunha neste longo e meticuloso traxecto. O libro organízase a través dunha viaxe que vai entrelazando os soños individuais de tódolos tripulantes en beneficio da consecución dun obxectivo común.
A singular solución de fachada do edificio tómase como referencia para dar forma as cubertas do libro. As camisas reproducen a modulación da fachada mediante pregos verticais, permitindo mediante a aleatoriedade das cores crear diferentes solucións de cubertas.
—
Deseño para Arial
Laus de prata 2016