Eferro

A pesar de ser unha práctica cada vez menos común, moitos dos oficios artesáns son transmitidos aínda de pais a fillos. Este é o caso de Elena Ferro, terceira xeración da súa familia que herda o oficio da zocaría. Aínda que se ve máis como artesá do coiro que como zoqueira, o certo é que as pezas que están obtendo maior repercusión son os seus zocos, nos que introduce novos recursos ornamentais.

Na imaxe corporativa do seu obradoiro -Eferro- quixemos reflectir ese aire desenfadado das súas pezas propoñendo un logotipo de trazos moi orgánicos e cun certo pouso manuscrito. A cor tenta reforzar tamén eses rasgos de vitalidade e calidez tan presentes nos seus traballos.

Deseño para Elena Ferro
Fotografías de Cenlitros, Eferro

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.