DIN
A obra de Nacho Porto emana dun mundo onírico de fábulas e seres mitolóxicos, que van tecendo pontes coa realidade empregando certos aires de retranca galega. Froito desta metodoloxía de traballo, guiada polo impulso e a emoción do propio proceso, xorde un catálogo de pezas moi amplo e heteroxéneo tanto en forma como en tamaño.
Como resposta a esta diversidade propuxemos un sistema de embalaxes baseados nas proporcións dos formatos DIN, composto por laterais e tapas individuais que se van combinando segundo a necesidade. Cada lateral participa na construción de varias caixas, segundo supoña a dimensión curta, longa, ou nos catro lados no caso dunha caixa cadrada.
—
Deseño para Nacho Porto