Cidade vella
A ilustración forma parte dunha campaña da delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, na que convidan á sociedade a visitar a súa casa, actuando como símbolo da vontade de achegamento entre a sociedade e o seu colectivo.
A peza ilustra a integración entre a linguaxe técnica de representación urbana do casco vello de Compostela e os códigos domésticos da confección téxtil do encaixe de bolillos. Un obxecto polisémico que representa de inmediato a intención de apertura do Colexio á sociedade.
—
Deseño para COAG
Stone and Wood Awards 2019