Carriza
Todos durante a infancia temos erguido algunha vez un recinto fortificado de difícil acceso, con posto de vixía e obrigado uso dun contrasinal para acceder ao seu interior.
Ao fío desta práctica, que de algún xeito forma parte da condición humana, propoñemos un sinxelo sistema que permite producir e instalar un pequeno habitáculo de aproximadamente un metro cúbico de volume interior con pouco traballo e un mínimo investimento.
A solución parte da idea de aproveitar o espazo interior dunha saca de rafia, Big-Bag, pendurada e estabilizada mediante catro tirantes espetados no chan. Todos os materiais empregados poden mercarse en calquera ferretería; de igual xeito, os procesos de transformación son de baixa tecnoloxía e poden ser resoltos de forma doméstica por un mesmo ou coa pequena axuda de alguén mañoso.
—
Deseño baixo licencia Creative Commons
Instrucións de fabricación