Capela das Ánimas
A Capela das Ánimas de Santiago de Compostela garda no seu interior un conxunto de retablos do século XIX realizados coa técnica de estuco de xeso que representan a Paixón de Cristo, sendo unha das pezas máis singulares do patrimonio histórico-artístico galego.
Dado o deterioro da peza debido á humidade e ó paso do tempo, o Consorcio de Santiago decidiu proceder á súa restauración. Para amortiguar a presenza dos andamios no templo, estes foron cubertos con lonas impresas que intuían sutilmente as imaxes que cubrían.
—
Deseño para o Consorcio de Santiago
Fotografías de Javier Iglesias
Mención Anuario Creatividade Galega