Campá de pau
Campá de pau é unha pequena tenda de ultramarinos da vila de Noia que mantén vivo un modelo de comercio e de relación máis próximo e humano que as grandes áreas comerciais. Ademais dunha labor comercial, este tipo de establecementos contribúen dunha forma moi importante á dinamización social dos lugares ao representar un punto de encontro e interacción entre veciños.
A identidade gráfica toma o nome dun dito popular da comarca noiesa, que fai referencia ao numeroso gremio de carpinteiros que noutrora poboaba a vila. O símbolo corporativo que dá pé a crear un pequeno sistema gráfico identitario nace da fusión entre a silueta dunha campá e a letra -A-. Este grafismo funciona de forma illada como símbolo de marca e tamén como carácter dentro da tipografía corporativa, aportando identidade e diferenciación en aplicacións de sinalética e embalaxe.