Camiños de Albeida
Para a sinalización dos camiños de a pé forestais, quixemos empregar unha solución minimamente invasiva, pouco estridente e que para a súa instalación requerise a menor intervención de obra posible. Para iso colocáronse unha serie de pedras chantadas de formas irregulares sobre as que se efectúa un corte para conseguir un plano base sobre o que fixar unha lámina metálica.
Esta reproduce con exactitude o contorno irregular da sección, provocando un forte contraste entre a textura metálica e a desigual e porosa da pedra. Esta disparidade entre a apariencia natural da pedra e o plano de corte crea a sensación de pel seccionada que revela unha textura diferente no interior.
—
Deseño para Cabañitas del Bosque
Fotografías de Roi Alonso
Mención BID20
Finalista Premios Paraugas 2020