Cambo

Cambo

Unha familia de luminarias de interior que toma referencias nas leis morfolóxicas e de crecemento vexetal. A estrutura reproduce un sinxelo xesto no que unha póla se divide en dúas. Mediante a repetición deste recurso a natureza é quen de resolver grandes e complexos entramados cunha linguaxe orgánica característica.

O sistema componse dunha estrutura de madeira que se configura mediante o encastre de pezas cilíndricas de lonxitude variable sobre un elemento central de unión. O intercambio de posición dos diferentes elementos ten como resultado unha secuencia de alternativas formais. Esta variación compositiva non só aporta organicidade ao conxunto, tamén xera diferentes tipoloxías de uso. Un exercicio de conxunta expresividade formal e versatilidade funcional.

Deseño para A-Emotional Light
Premio Paraugas 2021

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.