Arial

Arial é unha firma compostelá adicada ao desenvolvemento e a xestión de proxectos construtivos e inmobiliarios de carácter residencial. Logo dunha etapa inicial na que o obxectivo era o posicionamento de marca no mercado local, a estrutura inicia un novo ciclo rexido pola experiencia acadada e ca mirada posta en horizontes máis ambiciosos.

Para esta nova etapa redeséñase a imaxe corporativa para adaptala á nova realidade empresarial, procurando unha solución gráfica capaz de transmitir as capacidades e os valores estratéxicos sobre os que se asenta a súa identidade. A nova marca constrúese en base aos conceptos de precisión, orde, equilibrio, integración, colaboración, capacidade de adaptación, dinamismo e atemporalidade.

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.