annua

Annua é unha oficina de paisaxismo que, logo dunha primeira etapa, decide apoiarse nunha nova identidade gráfica para acadar novos obxectivos. 

A marca gráfica xorde da intención de aproximar as linguaxes tipográfica e vexetal, dotando aos caracteres que compoñen o nome dunha certa organicidade e sentido de crecemento. A composición, dada a repetición dun mesmo recurso en diferentes caracteres, adquire unha constancia rítmica que lle aporta equilibrio e fluidez. Este recurso de forma illada emprégase en aplicacións para personalizar determinados soportes xenéricos. Unha paleta de grises con sutís tonalidades de cor completan a secuencia de elementos de identidade que se van mesturando nas diferentes aplicacións corporativas.

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.