Amelias

Amelias

A redución do espazo doméstico e a convivencia de usos diversos esixe o emprego de pequenos sistemas de almacenaxe que aporten flexibilidade aos espazos e permitan de forma rápida e cómoda efectuar os cambios de labor.

As Amelias son un grupo de contedores de uso doméstico para organizar e transportar obxectos de uso cotián. As pezas divídense en dúas partes: a bolsa de loneta e a estrutura de madeira. Esta disociación de funcións e de materiais permite a súa apilabilidade e a optimización do volume ocupado. Tamén contribúe na súa durabilidade ao permitir a limpeza, reparación ou substitución de cada parte por separado.

Fotografías de Roi Alonso, Javi Brandido
Tenda 100L

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.