Kit de autoxestión veciñal
O deseño dun Kit de autoxestión veciñal é unha acción participativa que tivo lugar no barrio da Almáciga en Compostela dentro do proxecto Que fai un/ha creador/a no meu barrio?, no que un equipo creativo coordina grupos de traballo orientados a reformular o espazo común a través de pequenas accións colaborativas.
O obxectivo do exercicio é dar resposta a pequenas necesidades do barrio mediante mini-intervencións que poidan ser producidas polos veciños mediante o emprego de medios e recursos limitados.
O valado de obra como fío condutor para xerar sinxelas pezas de equipamento que resolven necesidades puntuais dentro da comunidade. Unha icona urbana sempre asociada aos límites e a prohibición agora adopta un novo rol e nega a función orixinal.
—
Deseño para DIDAC
Fotografías de Roi Alonso
Selección CLAP