A Galicia deseñada
Froito dun longo traballo de investigación, Marcos Dopico, Cibrán Rico e Suso Vázquez renden homenaxe á historia do deseño corporativo en Galicia a través dunha escolma de símbolos, marcas e identidades gráficas. A montaxe crea un itinerario cronolóxico en todo o perímetro da sala, desde os gravados gremiais máis rudimentarios ata os contemporáneos sistemas gráficos, prestando especial atención á importante produción gráfica da década dos oitenta e noventa do século XX.
No centro do espazo sitúase unha gran mesa na que se expón un conxunto de aplicacións gráficas sobre diversos elementos de papelería e outros obxectos corporativos. A unión de todos supón unha representación moi elocuente da evolución da comunicación gráfica en Galicia, e da contribución do deseño no desenvolvemento social e cultural.
—
Deseño para Normal
Fotografías de Roi Alonso