A Cafe
A Cafe é a nova proposta de café de especialidade de Abastos 2.0 para a Praza de San Fiz de Solovio en Compostela. O local inscríbese dentro dunha estratexia de enfoque do grupo 100% de barrio, reforzando o seu compromiso co tecido social de proximidade.
O espazo nace como un obrador/despacho de almorzos tanto para levar como para consumir no propio local, colocando o café nun lugar de especial atención. Un sinxelo equipamento permite dar acollida ao ritual diario de tomar o café, co obxectivo de converterse nun punto de encontro e de relación veciñal.
A selección de materiais e polo tanto a expresividade do conxunto atende á súa condición de obradoiro de alimentación, procurando solucións hixiénicas e de fácil mantemento.
—
Fotografías de Roi Alonso