13 Rosas
O edificio 13 Rosas é unha cooperativa de vivendas que se ergue na rúa do mesmo nome no barrio compostelán de Santa Marta. O edificio en forma de ferradura configura en planta baixa un patio central delimitado por unha liña perimetral de soportais de gran riqueza espacial e de uso. Nun dos corpos laterais sitúase o local social, pensado para exercer de punto de encontro e fomentar a relación veciñal, para o cal se deseñou un conxunto de pezas de equipamento.
Un sistema de mesas e bancos de estrutura metálica e superficies de madeira, pensados para ser usados en interior ou exterior e almacenados contra a parede de forma cómoda e rápida. Para a zona de descanso disponse un sistema composto por unha serie de cestas metálicas modulares que poden ser usadas como mesa baixa, contedor de almacenaxe ou como estrutura de asento. O sistema péchase con dous tamaños de coxín que, mediante a súa combinación, permítennos conseguir tres tipoloxías diferentes de asento: sen respaldo, con respaldo baixo ou con respaldo alto.
—
Colaboración con Carbajo Barrios para Arial
Fotografías de Luís Díaz Díaz
Bolia Design Award