Spaşinho

Spaşinho

Spaşinho é un novo centro de hidroterapia que nace en Albeida-Outes, da man da firma de aloxamentos rurais Cabaninhas do Bosque.

O zapateiro ou pita cega -gerris lacustris- é o símbolo que representa ó Spaşinho. É un insecto que se atopa nas augas limpas galegas e se despraza sobre a superficie sen afundir.

O circuíto termal está fragmentado e distribuído en diferentes inmobles e espazos auxiliares recuperados. A tella plana como soporte representa un sistema modular e flexible xa existente, que incorpora unha fixación mecánica sen necesidade do uso de adhesivos. A cerámica como material representa unha solución atemporal que convive dende tempos inmemoriais ca pedra ou a madeira e historicamente sempre estivo vinculada dalgunha forma coa auga. A súa cor terrosa e acabado mate confírenlle un aspecto natural e unha gran capacidade de integración tanto en espazos interiores como exteriores.

—

Deseño para Doartesanato
Colaboración con Tejas Verea

Fotografías de Nacho Santás, Roi Alonso

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.