Natur hall

Natur hall

Dentro da ampla rede de centros de transformación que Finsa posúe, a factoría de Padrón ocupa un lugar singular dentro do grupo, por ser esta a máis antiga en funcionamento. Esa lonxevidade leva asociada unha serie de valores como: oficio, experiencia, saber facer… que nun contexto industrial cobran un especial interese. Por iso, non é casualidade que sexa nesta planta onde se sitúa a sección de rechapados con lámina de madeira natural da marca. 

Ao servizo da chapa de madeira natural e do proceso de rechapado nace Natur Hall, un espazo vivo e dinámico de reunión, formación, creación, exposición… que ten por obxectivo conectar a tódolos axentes implicados no proceso proxectual e aproveitar as sinerxías producidas.

Constrúese aproveitando unha estrutura metálica en desuso sobre a que se colga un teito que á súa vez suxeita o cerramento de vidro. Dentro, unha grande mesa central aporta orde á composición e serve de soporte a todas as accións que alí conviven. No perímetro disponse unha celosía de lamas verticais que controlan a visión e a entrada de luz do exterior e serven de soporte de exposición do propio produto.

Deseño para Finsa
Fotografías de Roi Alonso

Premio Paraugas 2018

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.