Gran Suite

Gran Suite

O ciclo de uso dos hórreos conleva un período de desocupación comprendido entre os meses de primavera e outono, durante o que se poden encaixar múltiples propostas de aproveitamentos alternativas.

O obxectivo da instalación céntrase en intervir un hórreo sen producir alteracións substanciais que contraveñan a condición de ben patrimonial e convertelo nunha Gran Suite persoal.

Para isto proponse un sinxelo sistema de auto-edición, baixo custo e rápida montaxe que resolve unhas funcións mínimas de asento, escritorio, descanso e almacén, e coa suficiente neutralidade para personalizalo ao gusto de cada un. 

Os contedores e superficies empregadas son obxectos cotiáns reutilizados, e todos comparten o mesmo sistema de anclaxe mediante cinchas suxeitas aos balaústres, que pola súa configuración ofrecen un magnífico sistema de guías de ancoraxe.

—

Fotografías de Javier Iglesias, Cenlitros

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.