Carriza

Todos durante a infancia temos erguido algunha vez un recinto fortificado de difícil acceso, con posto de vixía e obrigado uso dun contrasinal para acceder ao seu interior.

Ao fío desta práctica, que de algún xeito forma parte da condición humana, propoñemos un sinxelo sistema que permite producir e instalar un pequeno habitáculo de aproximadamente un metro cúbico de volume interior con pouco traballo e un mínimo investimento.

A solución parte da idea de aproveitar o espazo interior dunha saca de rafia, Big-Bag, pendurada e estabilizada mediante catro tirantes espetados no chan. Todos os materiais empregados poden mercarse en calquera ferretería; de igual xeito, os procesos de transformación son de baixa tecnoloxía e poden ser resoltos de forma doméstica por un mesmo ou coa pequena axuda de alguén mañoso.

—

Deseño baixo licencia Creative Commons
Instrucións de fabricación

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.